Películas

PELÍCULA  PISANDO FORTE



Despois de ter visto a película Pisando Forte  (Kinky Boots), británica, do ano 2005 e dirixida por Julian Jarrold, ides respostar unhas cuestións.

1. Cales son as metas profesionais de Charlie ao comezo da película? Por que non quere continuar co negocio do seu pai?

2. Fíxate nas dúas escenas nas que Charlie se dirixe aos seus empregados. Que barreiras obstaculizan o correcto desenvolvemento da comunicación en ambas escenas? Resulta Charlie convincente, por que?

3. Como descubre Charlie que a empresa vai mal? Por que a fábrica de zapatos "Price & Sons" xa non é rentable?

4. Charlie vese obrigado a despedir a varios dos seus empregados. Comenta a linguaxe non verbal que acompaña a situación e comenta o seu significao. Que transmite o protagonista? Como reaccionan os diferentes empregados afectados tras coñecer a noticia do despido?

5. Que solución atopa o protagonista par evitar o peche temporal da empresa? Cres que foi unha boa idea (contesta imaxinando que non sabes como remata a película)?

6. Cal foi o oco de mercado que descubriu Charlie para manter a empresa a flote? Como consegue transmitir a necesidade de deixar de fabricar os zapatos de sempre a todo o persoal?

7. Cando o protagonista atopa ese oco de mercado, dase conta inmediatamente de que é un filón comercial? Como se vai perfilando, pouco a pouco o produto e grazas a quen?

8. Que aspectos da investigación de mercados se reflexan na película? A que fontes de información recurre Charlie Price: primarias ou secundarias?

9.  Quen son os clientes potenciais das súas botas? Explica como evoluciona a personalidade de cada un dos seguintes personaxes ao longo da película: Charlie Price, fillo; Lola; Don, o traballador que reta a Lola

10.  Describe o produto antigo e o novo de Price & Sons, distinguindo para cada un: materiais de confección, as utilidades e ventaxas que proporciona ao cliente, deseño, calidade (cal é a clave da resistencia), innovación ou diferenciación con resto dos produtos.

11. Imaxina outros aspectos importantes do produto que non aparecen na película: como farías a embalaxe das novas botas? Como cres que evolucionará o produto: que posibilidades ten de perfeccionamento e de durar no mercado?

12.  Todo o mundo creu cegamente no proxecto de Charlie? Por que? Sentiuse sempre Charlie un empresario do mundo do calzado, cando mudou, se é que o fixo e por que?

13.  É Charlie o primeiro en comercializar botas para drag-queens? Que forma de comunicación emprega Charlie para lanzar o seu produto ao mercado?

14. Que imaxe de marca pretende dar? Que é o que o vai diferenciar do resto de produtos semellantes?




PELÍCULA  WALL STREET

Título Original: Wall Street (1987)


Director: Oliver Stone

Guión: Stanley Weiser y Oliver Stone

Actores: Michael Douglas, Charlie Sheen, Daryl Hannah, Terence Stamp, Martin Sheen, Hal Holbrook, Sylvia Miles, Richard Dysart, Millie Perkins, Annie McEnroe, James Spader


RESPOSTAR ÁS SEGUINTES CUESTIÓNS



* 1.Onde transcurren as principais escenas da película (cidade e país)

* 2. Quen  toman as decisións nunha Sociedade Anónima?

* 3. Analiza, desde o punto de vista da ética empresarial estas dúas frases extraídas da película:" Los que corren mucho, caen pronto" (pronunciada polo xefe de Buddy en Jackson Steiner and Company) "Esta es la clave, señoras y señores: la ambición, a falta de una palabra mejor, es buena. La ambición es lo correcto; la ambición logra sus objetivos, la ambición clarifica, atraviesa dificultades y capta la esencia del espíritu evolucionista" (Gordon Gekko). Que está pasando na película?

* 4. Que iniciativas emprendedoras levou a cabo Buddy? Que pretendía acadar? Cres que foron boas?

* 5. Nomea a iniciativa emprendedora que che pareceu máis intelixente pola súa parte e a que menos. Razoa a resposta.

* 6.  Que iniciativas emprendedoras observaches en Gekko? Que finalidade persigue este home con ditas iniciativas?

* 7. En que apoiarías a Gekko e en que non?

* 8. Cres que no mundo dos negocios vale todo?

* 9. En que consiste o traballo de Buddy? Por que lle gusta tanto?

* 10. Por que desexa tanto traballar con Gekko? É feliz cando o consigue?

* 11. Que papel representa o pai de Buddy na película? E con respecto ao seu fillo?

* 12.  Un empresario con éxito (Gekko): nace ou faise? Como chegou el a ter tanto éxito? Como o ven os demais?

* 13. En EE.UU fracasar pero volver a intentalo varias veces valórase de forma positiva. Recoñécelle forza, empuxe, capacidade de superación. No noso país é ao revés. O que errou xa non é moi ben visto. Ti con cal dos puntos de vista te identificas?. Razoa a resposta e pon un exemplo.


* 14. Que provoca que suba ou baixe o prezo das accións na Bolsa?

* 15.  Quen é o propietario dunha empresa: quen posúe accións dela ou quen traballa como director a cambio dun soldo?

* 16. Cal é a diferenza entre propietario e empresario?







XOGO PASAPALABRA SOBRE A PELÍCULA DE WALL STREET E A BOLSA