viernes, 28 de septiembre de 2018

O emprendemento na entorna

Consulta a páxina do Instituto Galego de Estatística (IGE), vai a datos estatísticos básicos e a mundo laboral e responde a estas cuestións:

1. Cal é a poboación activa e canta hai?
2. Cal é o número de ocupados e o de parados?
3. Hai diferenza de xénero?
4. Cantas persoas son empresarias?
5. Cantos teñen empregados? Cantos non?
6. Cantos asalariados hai?
7. Cantas persoas traballan no negocio familiar?
8. Cal é o sector de actividade máis importante? E o que menos?

Aquí tes o listado de empresas que hai neste concello.
Debes investigar:

9. Que actividade é a que máis empresas ten?
10. Paréceche que os datos de Galicia coinciden cos deste concello?
11. Que tipo de preparación ou coñecementos cres que teñen as persoas que traballan nelas?


Xa sabedes que debedes reflectir este traballo no voso blog. (Rúbrica na aula virtual).



lunes, 24 de septiembre de 2018

Motivación?

Paixón + Sacrificio + Perseverancia = ÉXITO PERSOAL

DAFO
Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades


Tes materia para ser unha persoa emprendedora?

Ides facer este test para ver se reunides os requisitos para ser persoas emprendedoras.

E cales son os teus intereses profesionais? Tamén o podes comprobar aquí

A ver se detectas problemas e aportas solucións.

Es unha persoa emprendedora?

domingo, 16 de septiembre de 2018

Pensamento lateral


Un dos xeitos de estimular a creación de ideas é traballar o pensamento lateral. Para iso imos facer estes exercicios: lemos e intentamos dar unha solución lóxica.


1. Sobre unha mesa había unha cesta con seis mazás e seis rapazas na habitación. Cada rapaza colleu unha mazá e aínda así quedou unha na cesta, como foi posible?


2. Como é posible pinchar un globo sen permitir que escape o aire e sen que o globo faga ruído?

3. A un señor que ía sen paraugas nen sombreiro pillouno un chaparrón; enchoupóuselle a roupa, e aínda que levaba a cabeza descoberta non mollou nin un pelo, como foi posible?

4. Algúns meses teñen 31 días, outros 30. Cantos teñen 28?

5. Un malabarista tiña unha taza de té chea de todo, mantendo a copa sobre a súa cabeza, deixouna caer ao chan, rompéndose en moitos anaquiños pero sen derramar unha simple gota de té? Como o fixo?

6. Se cavas un burato de 2 metros de ancho, por tres metros de largo e 4 metros de profundidade, canta terra hai no burato?

7. Antonio tiña 20 anos de idade no ano 1980 e cumpriu 15 anos en 1985, como?

8. Unha señora entra nunha cafetería e pide un café con leite. Xusto cando o achega aos beizos descobre un mosquito flotando. Pide outro café e ao probar de novo descobre que é o mesmo de antes. Como é posible?

9. Que é o único capaz de deter a caída do cabelo?

10. Que instrumento musical ten só unha corda?

11. É posible con cinco cifras impares sumar 20?

12. Nunha árbore hai 7 paxariños, un rapaz dispara coa súa escopeta e mata 2, cantos quedan na árbore?

13. Dous indios americanos están sentados nun tronco, un pequeno e un adulto. O pequeno é fillo do adulto, pero o adulto non é pai del. Como é posible?

14. O can mira á esquerda, fai que mire para a dereita cambiando só a posición de dous pauciños. O rabo debe permanecer alzado