Un dos xeitos de
estimular a creación de ideas é traballar o pensamento lateral. Para iso imos facer estes exercicios: lemos e intentamos dar unha solución lóxica.
1. Sobre unha mesa había unha cesta con seis mazás e seis rapazas na habitación. Cada rapaza colleu unha mazá e aínda así quedou unha na cesta, como foi posible?
2. Como é posible pinchar un globo sen permitir que escape o aire e sen que o globo faga ruído?
3. A un señor que ía sen paraugas nen sombreiro pillouno un chaparrón; enchoupóuselle a roupa, e aínda que levaba a cabeza descoberta non mollou nin un pelo, como foi posible?
4. Algúns meses teñen 31 días, outros 30. Cantos teñen 28?
5. Un malabarista tiña unha taza de té chea de todo, mantendo a copa sobre a súa cabeza, deixouna caer ao chan, rompéndose en moitos anaquiños pero sen derramar unha simple gota de té? Como o fixo?
6. Se cavas un burato de 2 metros de ancho, por tres metros de largo e 4 metros de profundidade, canta terra hai no burato?
7. Antonio tiña 20 anos de idade no ano 1980 e cumpriu 15 anos en 1985, como?
8. Unha señora entra nunha cafetería e pide un café con leite. Xusto cando o achega aos beizos descobre un mosquito flotando. Pide outro café e ao probar de novo descobre que é o mesmo de antes. Como é posible?
9. Que é o único capaz de deter a caída do cabelo?
10. Que instrumento musical ten só unha corda?
11. É posible con cinco cifras impares sumar 20?
12. Nunha árbore hai 7 paxariños, un rapaz dispara coa súa escopeta e mata 2, cantos quedan na árbore?
13. Dous indios americanos están sentados nun tronco, un pequeno e un adulto. O pequeno é fillo do adulto, pero o adulto non é pai del. Como é posible?
14. O can mira á esquerda, fai que mire para a dereita cambiando só a posición de dous pauciños. O rabo debe permanecer alzado